Selitel e Semex Alliance:

Máxima rendibilidade para o gandeiro.

 

Selitel é unha sociedade limitada adicada á distribución de productos de Semex Alliance a través de Semex España, a quenes representa de forma exclusiva en Galicia. Selitel ofrece aos gandeiros galegos a xenética e os servizos complementarios máis axeitados ás súas necesidades, pensando en proporcionarlle a máxima rendibilidade e o maior desenvolvemento económico para as súas explotacións.

As orixes de Semex remóntanse á Ontario Asocciation of Animal Breeders, unha organización con 50 anos de experiencia no seu sector. En 1997, catro centros de inseminación canadenses (CIAQ, Gencor, EBI e Westgen) intégranse en Semex Alliance  unha organización propietaria de todos os touros, así como da xestión e distribución de seme tanto no interior coma no exterior de Canadá.

Deste xeito, Semex Alliance convértese no grupo de inseminación artificial máis grande do mundo, con máis de 2000 touros en propiedade, entre os que se atopan 9 con máis dun millón de doses vendidas, un caso único na industria xenética: Startmore Rudolph, Maughlin Storm, Comestar Le, Comestar Leader, Oliveholme Aeroline, Hanoverhill Inspiration, Comentar Outside, Stouder Morty e Comestar Lheros.

Semex Alliance traballa con L'Alliance Boviteq (LAB), realizando investigacións en reprodución, tecnoloxías de embrións e seme, marcadores xenéticos, seme sexado e clons. Ademais, proba cada ano máis de 400 touros en Norteamérica, Australia, Checoslovaquia, Hungría e Nova Zelanda. Todos os touros de Semex Alliance son probados de acordo co Balanced Breeding, un criterio de selección único que busca a máxima rendibilidade para o gandeiro a través do logro dunha alta produción, durante moitas lactacións, e co menor número posible de problemas.

selitel-semex-camp-galicia

Semex Alliance:

Socios canadenses.

 

CIAQ
(Quebec)

Establecido en 1948, o Centro de Inseminación Artificial de Quebec é propiedade dos gandeiros da provincia, e funciona como sede das operacións xenéticas de Semex Alliance. Acreditada coa ISO 9002.

EastGen
(Ontario)

Tras varias fusións levadas a cabo dende 1941, en 2011 establécese EastGen, como resultado da unión de Gencor e EBI. Dá servizo aos gandeiros de Ontario, Nova Scotia, New Brunswick e Newfoundland & Labrador.

Westgen
(British Columbia)

Establecida en 1944 como BCAI, adoptou o seu actual nome en 1998. Dende a súa sede en Milner, British Columbia, Westgen serve ás catro provincias do oeste de Canadá.

AddThis Social Bookmark Button