Servizos adicionais:

Outros ámbitos nos que pode confiar en Selitel.

 

Nitróxeno a domicilio

Selitel dispón de persoal exclusivamente adicado a prestar este servizo, co fin de facilitar aos gandeiros un bo control do mantemento dos seus tanques e, consecuentemente, un mellor coidado do seme.

Acoplamentos

Trátase dun servizo orientado a mellorar a utilización dos touros, consistente en asignar a cada vaca o touro que mellor se lle adapte. Para decidir esta asignación, previamente realízase unha análise das características morfolóxicas, de produción e de calidade, así como un control da consanguinidade e os rasgos auxiliares. Finalmente, elíxese un grupo de touros a utilizar, considerando as condicións de alimentación, instalacións e manexo de cada explotación.

O servizo de acoplamentos préstase en dúas modalidades:

Selección e preparación de animais para concursos

Servizo de pelado e preparación para a presentación dos animais en pista.

Préstase en colaboración con Semex España.

Información de compra-venda de animais entre gandeiros

Trátase dunha forma de colaboración na que, sen ánimo de lucro, Selitel funciona como canle de información para os seus clientes, poñendo en contacto vendedores de animais con posibles compradores. Selitel mantense á marxe de calquera operación comercial, quedando exenta de calquera responsabilidade relacionada co proceso de compra-venda.

AddThis Social Bookmark Button